CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE Artesáns da Pesca Sociedade Cooperativa Galega
www.artesansdapesca.com
Artesáns da Pesca Sociedade Cooperativa Galega (en diante Artesáns da Pesca) con domicilio social en Campo 18, Queiruga, 15998 - Porto do Son (A Coruña) con CIF F70216197 representada legalmente por José Manuel Mascato Guillán con NIF 35446011K pon a disposición no seu sitio web www.artesansdapesca.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.
As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Artesáns da Pesca por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio web www.artesansdapesca.com en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non puidendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.
Artesáns da Pesca está inscrita no Rexistro de Cooperativas de Galicia, Tomo IV, Folla 332-SCT, Folio 1, Asento 1.
O acceso ao sitio web de Artesáns da Pesca implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO
1.1.-A utilización do sitio web de Artesáns da Pesca non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en www.artesansdapesca.com onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico. Esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO para realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente Artesáns da Pesca prohíbe os seguintes:
1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de Artesáns da Pesca ou a terceiros.
1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spamming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").
1.2.- Artesáns da Pesca poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais -ver cláusula quinta-.
SEGUNDA.- CONTIDOS.
Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:
2.1.- Artesáns da Pesca utilizando fontes internas e externas de tal modo que Artesáns da Pesca unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna.
2.2.- Artesáns da Pesca resérvase o dereito para modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.
TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA
Artesáns da Pesca é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Artesáns da Pesca, que inclúe tanto o nome como o logotipo, salvo consentimento expreso de Artesáns da Pesca. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Artesáns da Pesca -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Artesáns da Pesca.
CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Porto do Son renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.
QUINTA.-
No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Artesáns da Pesca poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Artesáns da Pesca.