Tal como está regulado polo RD 410/2001 do 20 de Abril, dentro das artes menores podemos falar de: artes de enmalle, aparellos de anzo e as nasas.
As artes de enmalle están formados por un ou máis paños de rede armados entre dous relingas (cabos), a superior provista de elementos de flotación e a inferior de lastres. Cálanse en posición vertical, dispoñendo os extremos do arte (cabeceiros) de cabos guías unidos por súa parte alta as boias de superficie e por súa parte baixa a un sistema de fondeo, co fin de que permanezcan na mesma posición dende que cálanse ata que se levan.
Existen tres tipos de artes de enmalle: Betas (tamén coñecido como volantillas), Miños e Trasmallos. Os tres disponense fixados o fondo e están compostos por varios paños de reded superpostos. As principalis diferencias entre elas son as dimensións das maias e pezas que compoñen a rede.
Dentro dos aparellos de anzo nosos barcos empregan básicamente o Palangrillo aunque tamén entran dentro deste tipo a Liña, a Potera, Cacea e o Curricán.
As nasas, cestas en forma de xaulas, Cálanse mediante unha cacea na que cada nasa dispoñese a intervalos regulares unidas a unha relinga ou cabo chaamada nai.
A utilización de toda esta variedade de artes é un exemplo da diversidade e complexidade da actividade pesqueira artesanal en Galicia, o que conleva non poucas dificultades para sua correcta xestión e reglamentación por parte da administración.
Para velas máis en detalle e comprender mellor como e que se pesca con cada unha segue os ligazóns.
Betas
É un arte de captura en marcha o enmalle, é dicir o pescado queda na rede o navegar entre augas.
Súa lonxitude varía en proporción coa capacidade do barco pero cada unha das pezas de rede que compoñen ol arte terá unha lonxitude máxima de 50 metros e unha altura máxima de 3 metros. A lonxitude máxima total do arte, medido de puño a puño, non poderá exceder de 4.500 metros.
Captúranse peixes bentónicos e peláxicos entre eles a pescadilla, cabala, xurel, as fanecas e algún peixe de fondo. As dimensións mínimas das mallas non poden ser inferiores a 60 milímetros. Para linguado e merluza, as dimensións mínimas das mallas non serán inferiores a 80 milímetros.
Os lances de pesca comezan de madrugada hasta aproximadamente as dúas da tarde.
É un arte de pesca que utilizase durante todo o ano e realizase un pouco más alonxado da costa que outras artes porque necesita zoas de maior profundidade para obter boas capturas.
O largado das redes realizase por popa do barco e o izado por lo costado cara a proa, desenmallando as capturas nese preciso instante, colocando as mesmas sobre caixas con xeo abundante para garantir súa frescura e calidade.
Miños
Os dous paños exteriores son de iguais dimensións e do mesmo tamaño de malla e diámetro do fio. O paño interior, da malla de tamaño inferior, porá ser de maior extensión.
As dimensións mínimas das mallas no serán inferiores a 500 milímetros nos paños exteriores nin a 90 milímetros no paño interior.
Cada unha das pezas de rede que compoñen o arte terán unha lonxitude máxima de 50 metros e unha altura máxima de 3 metros. A lonxitude total do arte, medido de puño a puño, non porá exceder de 4.500 metros.
Con estas artes capturanse unha gran variedade de peixes de rocha e tamén marisco como boi e centola.
Tramallos
Artes similares aos miños, dos que diferéncianse polas dimensións das mallas.
No caso de trasmallos de tres paños, as dimensións mínimas das mallas non serán inferiores a 400 milímetros nos paños exteriores nin a 60 milímetros no paño interior.
No caso das redes semitrasmalladas de dous paños, as dimensións mínimas das mallas non serán inferiores a 400 milímetros en un dos paños e a 60 milímetros do outro.
Cada unha das pezas da rede que compoñen o arte terá unha lonxitude máxima de 50 metros e unha altura máxima de 2 metros. A lonxitude máxima total do arte, medido de puño a puño, non porá exceder de 4.500 metros.
Os trasmallos cálanse en moitas ocasións cerca da costa, sempre sobre o fondo, o anoitecer para levantalos o amencer. Sólense dispoñer en liña ondulada, formando un semicírculo ou un círculo completo. Na parte terminal do calamento dispóñense os correspondentes galos de sinalización e unha grosa pedra ou un ancla para fixar o arte o fondo.
A pesca con trasmallo basase en que os peixes nos seus desprazamentos non perciben a rede có cal tropezar con ela empuxan o paño tupido formando bolsas das que xa non poden saír.
Con este tipo de arte, como no caso dos miños, pódense capturar unha gran variedade de especies: San Martiño, linguado, rodaballo, lubina e sargo por nomear algunhas.
Palangrillo
Consiste nun largo cabo nai horizontal do que penden brazoladas verticais convintemente separadas acabadas nun anzo que cebase con distintos produtos onde quedan enganchados os peixes.
Leva ó largo do cabo plomadas que permitirán que alcance máis ou menos profundidade e boias que axudarán a localizalo e permiten seu desprazamento según as correntes ou mareas.
A pesca con palangre está considerada como a pesca máis selectiva que existe, xa que dependendo do cebo, do tamaño de anzos utilizados e a distancia entre eles conseguese un tipo de pesca ou outro, o igual que un tamaño da captura u outro.
A lonxitude total máxima do palangrillo no superará 3.000 metros. O número máximo de anzos no excederá de 1.000.
A pesca con anzo e palangre é un dos sistemas de pesca máis antigos coñecidos, sendo os pescadores españois os precursores desta modalidade. Tradicionalmente, o cebado de anzos foi feito manualmente, usándose caixas e cubas para almacenar o palangre antes de colocalo no mar.
Captúranse principalmente congrio, lubina, sargo, merluza, palometa, abadexo e mero. Súa pesca é esencialmente nocturna e utilízanse ganchos para levantar a pesca a bordo
Nasas
As nasas son artes fixos de fondo, construídos en forma de cesto, barril ou xaula, compostas por unha armazón ríxido ou semirríxido recuberto de rede. Están provistas de unha ou máis aberturas ou bocas de extremos lisos, que permiten a entrada das especies o habitáculo interior atraídas polo cebo alí colocado.
As nasas cálanse mediante un aparello denominado tanda, tren ou cacea no que cada nasa únese a unha relinga chamada madre a intervalos regulares.
A estrutura da nasa para marisco e pulpo terá como máximo as seguintes dimensións:
Lonxitude: 55 centímetros.
Anchura ou diámetro: 35 centímetros.
A lonxitude máxima total daa artes da asa non sobrepasará os 5.000 metros e o número máximo de nasas por embarcación no excederá de 350.
Coas nasas captúranse mariscos: centola, bogavante, nécora, santiaguiños e pulpo. Seu uso ten milenios de antigüidade. Salvo no caso do pulpo a largada é nocturna, xa que coincide co ritmo biolóxico das especies a capturar. Lárganse en fondos rochosos.
Existe ademais un tipo de nasas para a captura de fanecas “nasas fanequeiras” con dimensións distintas ás anteriores que so os barcos con permiso específico poden levar; é un arte en extinción.