San Martiño Zeus faber
Habita tanto en fondos de rochas como en pradeiras submarinas e fondos de area, onde poden enterrarse as veces. Vive entre augas, a profundidades que varían dende os 20 a os 200 metros. De costumes solitarias. Tarda en reproducirse polo que hai que ser moi esixente respecto das tallas mínimas.
Aliméntanse de outros peixes, vermes e crustáceos como camaróns. Caza á espreita e engole ás presas coa súa gran boca protráctil.
É escaso pero merece a pena probalo algunha vez.
Dimensións: 25 cm - 60 cm
Peso: 500 gr a 3 kg
Época Óptima de Pesca: De Febreiro a Agosto