Pancho Bicudo Pagellus acarne
Reprodúcense durante os meses de xullo e agosto. Alcanzan a madurez sexual cando teñen entre 1 e 2 anos de vida (13-18 centímetros). Tamén poden cambiar de sexo: primeiro machos e logo femias.
Relativamente abundante, de interese comercial cunha cotización algo inferior ao ollomol. Peixe "de ración" ideal para tomar enteiro.
Dimensións: 25 cm - 35 cm
Peso: 200 gr a 1,5 kg
Época Óptima de Pesca: na primavera e verán