Pancha Spondyliosoma cantharus
É un peixe graxo. Corpo alto e comprimido, de cor gris-prateada. Posúe dentes pequenos e numerosos. Pódese confundir co sargo e para diferencialos podémonos fixar na lixeira chepa que ten a pancha por detrás da cabeza ou en que carece da mancha negra que ten este onde nace a aleta pectoral.
Encóntranse en fondos litorais rochosos de algas. Móvense preferentemente entre 10 a 40 metro
Aliméntanse de pequenos moluscos e crustáceos; tamén consume algas. Poden cambiar de sexo: primeiro femias, logo machos.
Abundante nas nosas costas, na cociña pódeselle aplicar calquera das receitas do ollomol ou do sargo.
Dimensións: 22 cm - 45 cm
Peso: hasta 2 kg
Época Óptima de Pesca: principalmente de Febreiro a Maio