Boi de mar Cancer pagurus
Habita en fondos areosos e rochosos a maior ou menor profundidade dependendo do seu tamaño. Seu crecemento é moi lento po lo que é pouco abundante. Son animais eminentemente nocturnos que solen permanecer enterrados ou entre as rochas durante o día. Pola noite saen á alimentarse ata distancias de máis de 40 m. de súa guarida. É estritamente carnívoro, alimentase de crustáceos, moluscos e equinodermos como a estrela de mar.
No é moi fácil distinguir o boi galego do francés: o noso é máis peludo nas patas e nas pinzas ten máis dentes que o boi francés.
Dimensións: 10 a 30 cm
Peso: 300 grs - 3 kg
Época Óptima de Pesca: De Novembro a Xuño